Sociedade

Gorrillas demandan ao anxo da garda do Ministro do Interior por intrusismo profesional


A principal asociación de gorrillas acaba de anunciar unha demanda ao Vaticano polo intrusismo profesional de Marcelo, o anxo da garda que axuda a aparcar ao Ministro do Interior.

anxo da garda aparcacoches gorillas ministro interiorNunha rolda de prensa criticaron que a igrexa pon en perigo os seus postos de traballo e demandaron da Conferencia Episcopal que cesen de inmediato nunhas actividades intrusistas que poden rematar co traballo do que viven miles de familias. ‘Exigimos el cese inmediato de la actividad de aparcacoches que están realizando ciertos ángeles de la guarda. Qué le parecería al Vaticano que nosotros fuésemos por aí matando primogénitos o anunciando a las vírgenes que van a ser preñadas por una paloma’, declararon.

O Partido Popular quere saír ao paso da polémica xenerada por Jorge Fernández Díaz e fontes próximas ao partido indican que ‘se trata solamente de una aplicación de la reforma laboral aprobada por nuestro partido. De esta forma se le comunicó al ángel de la guarda del ministro que o pasaba a realizar esas funciones o bien sería despedido con una indemnización de solamente 20 días por año trabajado’. As mesmas fontes indican que ‘si bien en un primer momento el ángel se negó, después aceptó las nuevas cláusulas del contrato ya que, al bajar el número de católicos, ahora mismo hay mucho paro entre los ángeles de la guarda’.

Reacción por parte dos católicos de base

Católicos de base reclamaron tamén contar cun anxo da garda que poida buscar unha praza de aparcamento. ‘Non pode ser que soamente o teña o Ministro, tomos somos iguais ante deus. Ademais o Ministro ten chofer e nós non’, declararon.

Pola súa banda fontes do arcebispado de Madrid cóntannos que houbo, cando menos, unha decena de apostasías directamente relacionadas coas declaracións do ministro. Segundo indican ditas fontes un home indicoulles que ‘El ángel del ministro le quitó el aparcamiento a mi ángel. No quiero tener un ángel que sea un tirillas y me voy a pasar al judaísmo donde los ángeles saben Crav Maga y no se dejan intimidar’.

 

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.