Tecnoloxía

Google sacará un goberno que se conduza sen presidente


A multinacional de Silicon Valley abrirá o seu mercado ao campo da politoloxía.

Feijóo, acojonado, é conducido lonxe do Parlamento para probar á nova tecnoñoxía de Google.

Feijóo, acojonado, é conducido lonxe do Parlamento para probar á nova tecnoñoxía de Google.

Despois de presentar o seu coche autónomo en Galiza, Google anuncia desde o seu centro neurálxico as novidades que cambiarán o mundo nos próximos anos.

Entre elas aparece unha dedicada íntegramente aos galegos e galegas, un goberno que se conduza sen presidente. Segundo os CEOS de Google non é unha labor sumamente complicada, posto que Galiza con Feijóo e antes cun decrépito Manuel Fraga xa levou a cabo en diferentes lexislaturas.

O goberno autónomo e autonómico caracterizarase pola ausencia de intervencións parlamentares do presidente, similar ao que acontece hoxe en día, e as sesións de control a este estarán dirixidas cara unha das paredes ao azar do hemiciclo.

O conxunto dos membros do Parlamento galego aseguran que este é unha avance na democracia e a modernidade no eido políitco e confían que estes logros sigan chegando dun xeito fluído ao conxunto da cidadanía.

2 thoughts on “Google sacará un goberno que se conduza sen presidente

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.