O presidente do goberno utilizará á vicepresidenta para substituílo en todas as cousas que non lle apeteza facer o que a levará a atender todas as tarefas de Mariano Rajoy salvo a lectura do diario Marca.
Fontes da Moncloa confirman que Soraya Sáenz de Santamaría será a doble oficial de Mariano Rajoy e asumirá moitas das tarefas consideradas tediosas polo presidente. Entre elas atópanse acudir aos debates electorales, ler os Decretos-lei que se presentan no Consello de Ministros e acudir as xuntanzas da comunidade de veciños da vivenda privada de Mariano Rajoy.
Segundo as mesmas fontes, Soraya xa está tomando clases de fumar puros e de frases feitas para que non desentone e se aproxime o máximo posible as intervencións do presidente. Desta forma está a recibir, dun coaching de confianza do partido, leccións sobre como utilizar correctamente as locucións ‘y ya tal’ xunto con ‘fin de la cita’, unha muletilla, que segundo expoñen en Génova, é capaz de rematar unha discusión con moita máis contudencia que ‘y tú más’.
Colaboradores de Soraya Sáenz de Santamaría afirman que a vicepresidenta está encantada coa substitución e comentan que Soraya será ‘suavecita en los debates con Albert Rivera’ para así ter puntos á hora de pactar con Ciudadanos despois do 20D xa que contan que a formación laranxa vete a Rajoy como próximo presdiente do Goberno.
Os mesmos colaboradores indican que co que non está tan contenta a vicepresidenta é coa substitución de Mariano na súa comunidade de veciños xa que ‘se acaba el año y hay que elegir presidente y secretario de la comunidad y, claro, a Rajoy le tocaba la secretaría’.
Algún día saberase que Rajoy levaba morto anos cando gañou as primeiras eleccións, como o Cid Campeador