“Vai subir a mareaaaa” e segundo a OMS vaiche traer cancro.
Expertos da Organización Mundial da Saúde (OMS) afirmaron hoxe que escoitar a canción de campaña de EnMarea podería causar cancro de colon, ollos e oído, mentres que explican que tamén existen investigacións que determinan que tarareala pola rúa podería supor un grave risco de atentado a integridade moral das persoas.
A Axencia Internacional para a Investigación do Cancro (IARC, polas súas siglas en inglés), integrada na OMS, incluíu á canción de EnMarea, unha versión ao galego de Extremoduro, no grupo 1 da lista de cousas que poden causar cancro, apartado no que xa se atopa o tabaco, o amianto ou os fumes do diésel.
Na mesma liña o Ministerio de Interior emitiu un comunicado no que advirte á cidadanía que as forzas de seguridade do Estado non se poderán facer cargo da protección das mesmas, que poidan estar a cantar dita canción a rúa, correndo o risco de ser atacadas e/ou abofeteadas. Incluso na rede hai que teoriza sobre a posibilidade de que tortazo a Rajoy sose por estar asubiando a canción da coalición.
Despois do aviso da OMS, militantes e simpatizantes de Anova, o pata nacionalista da coalición EnMarea, están a acudir en masa a escoitar a Mini e os Nao na súa canción para a candidatura de NÓS renegando da propia marea.