Deportes

Fifa16 introducirá os comentarios de Rajoy nos seus partidos


O videoxogo deportivo incluirá os comentarios futbolísticos do presidente en detrimento do ate agora habitual Manolo Lama.

Portada do videoxogo cos comentarios de Mariano Rajoy

Portada do videoxogo cos comentarios de Mariano Rajoy

Segundo confirman desde a multinacional EA Sports, os comentarios de Mariano Rajoy poderán ser escollidos como narracións dos partidos que se disputen no xogo multiplataforma a partires do próximo mes de xaneiro.

Polo avanzado na mañá de hoxe, entre as frases que poderemos escoitar ao actual presidente estarían “Está claro que la mejor defensa es una buena defensa” ou “un delantero es un delantero y un vaso es un vaso”. Mención especial terían os partidos disputados no ámbito europeo, nos que Rajoy deixaría perlas sobre a imposibilidade de que Catalunya xogue, e pregúntandose “pero, ¿y en Europa?” ao tentar seleccionar equipos cataláns contra seleccións do vello continente.

Especúlase coa posibilidade de engadir frases do propio fillo de Rajoy matizando “os comentarios de Manolo Lama son una mierda” na pantalla de elección de comentaristas.

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.