Froilán agradece que Lugo celebre as festas na súa honra

O infante de España, e rei lexítimo, paseou pola capital da muralla aproveitando o Domingo das mozas. Felipe Juan Froilán de Todos Los Santos mostrouse na mañá de onte “entusiasmado e feliz” polas festas na súa honra que nestes días se desenvolven en Lugo. Cun puro en man, o futuro rei lexítimo, aproveitou a xornada…

Tim Burton ambientará no Alto do Fiouco a súa vindeira película

O director estadounidense quedou seducido pola brétema deste lugar tras pasar uns días de vacacións na Mariña este pasado verán. Din que non hai mal que por ben non veña e así se podería entender esta situación creada despois de que Tim Burton tivera que circular pola A-8 e vivirá nas súas propias carnes o…

El Rey esixe que lle traian dragóns e inmaculados

‘Dracarys, Dracarys’, dixo nun discurso televisado nos sete reinos. Segundo informa La Voz de Invernalia, Felipe VI, fixo chamar á Man do Rei para que lle conseguira ‘unos inmaculados y unos dragones de eses’. ‘Sé que los legítimos herederos tienen esas cosas y yo lo soy por la gracia de dios. Así que donde coño…

As novas porras da Policía Nacional levarán inscrita a palabra Democracia

Gran parte destas porras terá como destino Cataluña. Así o ben de confirmar o ministro de Interior, Juan Ignacio Zoido. A porra, que pesará 50g menos que as actuais, comezará a ser repartida a partir da próxima promoción de policías nacionais. Do mesmo xeito tamén serán entregadas aos corpos de seguridade que actúen en manifestacións…

Independentistas radicais deciden atacar ás porras coas súas cabezas

Non contentos con ir a votar libremente, os radicais cataláns están a cargar contra os pacíficos policías recén saídos dun parque temático. Durante as primeiras horas do día de hoxe estase a vivir en Catalunya o clima de crispación e violencia pronosticado polo Estado español. Violentos radicais armados coas súas cabezas están a atacar indiscrimimadamente…

O constitucional anula que Kevin se independice tras 34 anos na casa dos pais

Kevin por fin tiña traballo e ía mudarse a súa propia vivenda pero o Tribunal Constitucional declara a nulidade da emancipación. A nai de Kevin recurriu en amparo ao constitucional porque o seu fillo marchaba da casa unilateralmente para vivir “con esa lurpia cazahombres” polo que o alto tribunal procedeu a declarar a nulidade da…

Clausuran un Eroski en Catalunya por ter urnas para o sorteo dun xamón

A Garda Civil requisou tanto as caixas de votación como as papeletas dos participantes no sorteo. Na mañá de onte, e durante un servicio rutinario da Garda Civil na vila de Terrassa, a parella da Benemérita localizou dentro dun Eroski, cando menos dúas urnas, que no momento foron requisadas, poñendo e alerta tanto á Fiscalía…

Cristiano Ronaldo indígnase co xuíz por sentalo no banquillo

O dianteiro do Real Madrid amosouse onte tremendamente indignado por estar sentado no banquillo. O periplo xudicial de Cristiano Ronaldo pola presunta fraude á facenda publica rematou no día de onte co astro portugués sentado no banquillo. O feito non lle resultou de agrado ao xogador que reclamou a titularidade ao xuíz que, estupefacto, lle…