O infante de España, e rei lexítimo, paseou pola capital da muralla aproveitando o Domingo das mozas.
Felipe Juan Froilán de Todos Los Santos mostrouse na mañá de onte “entusiasmado e feliz” polas festas na súa honra que nestes días se desenvolven en Lugo.
Cun puro en man, o futuro rei lexítimo, aproveitou a xornada de onte para desfrutar do folclore da rexión galega ao mesmo tempo que saudaba cun corte de mangas aos centos de fieis que se lle achegaron polas rúas.
Froilán incluso quixo dar un discurso ante os seus súbditos, encaramado no alto da muralla, pero o dispositivo de seguridade desbaratou a idea ante a posibilidade de que partidarios do reinado de Felipe VI puideran atentar contra a súa persoa.
Lugo, acolle así un ano máis as festas do San Froilán, desta volta baixo as reclamacións do propio Partido Froilanista para que o trono sexa entregado ao seu lexítimo sucesor, ou ben e pola contra, Froilán tome a iniciativa de dirixir ao Reino de Galiza á emancipación baixo a súa tutela monárquica.