Gran parte destas porras terá como destino Cataluña.
Así o ben de confirmar o ministro de Interior, Juan Ignacio Zoido. A porra, que pesará 50g menos que as actuais, comezará a ser repartida a partir da próxima promoción de policías nacionais. Do mesmo xeito tamén serán entregadas aos corpos de seguridade que actúen en manifestacións ou eventos con previsión de que poda haber cargas policiais.
Segundo afirman desde o Ministerio, as porras cumplen tódolos cánones marcados pola CE, así como as normas UNE e ISO en materia de represión de masas.
A novidade da inscrición da palabra Democracia radica, segundo apuntan desde Interior, ás demandas de democracia de certos sectores da esquerda e do nacionalismo, desta volta catalán, polo que con esta medida, os axentes estarán en disposición de repartir democracia alí onde sexan destinados, tal como demanda o pobo.
As porras en desuso que queden reemplazadas serán recicladas por Interior, que a día de hoxe busca novos usos para elas. Barállase incluso que o equipo de béisbol da policía as use a modo de exhibición.