Na Fashion Week poidemos comprobar que o gris será a cor de moda nos lanzamentos da nova tempada.
O estilo retro chega pisando forte e parece que ven para quedarse.
O Ministerio do Interior ven de organizar a CFSE Fashion Week na que presentou os novos modelos que levaran os corpos e forzas de seguridade na nova tempada outono-inverno. Segundo puideron ver medios, deseñadores de moda policial e un selecto público o gris predominará na roupa da Garda Civil e a Policía Nacional durante unha boa tempada.
No apartado de complementos puidemos comprobar que o retro vólvse impor e estarán de novo de moda as escopetas de bolas de goma e as porras extensíbeis. O look ‘enrollao’ queda así demodé e relegado aos corpos de bombeiros que se estan volvendo máis jipis e parece que deixan de seguir os designios das canles oficiais de moda.
Dende o goberno do estado e o ministerio do interior aplaudiron a nova colección. “Es un estilo sobrio que muestra franqueza. Está muy en consonancia con los tiempos en los que vivimos”, declararon.