A Garda Civil ven de deter un independentista catalán que portaba no seu corpo un cinturón de papeletas e unha mochila con cartaces anunciando o referendo do 1 de outubro.
Segundo acaba de informar un voceiro do Ministerio do Interior o independentista formaba parte dunha célula conformada polo oitenta por cento dos habitantes do territorio de Catalunya e, de non ter sido detido, el so podería ter feito que unhas mil persoas pasaran a mellor vida ao conseguir a independencia.
“Iba cargado con mil papeletas con el SI a la independencia. Imagínense que las reparte y consigue que 1000 personas abandonen España… ¡Se librarían de nosotros! Su presidente ya no sería Rajoy y ¡eso si que no! Estaba en juego el principio de solidaridad entre regiones. Si nosotros estamos jodidos ellos deben ser solidarios y joderse como nosotros”, indicaron fontes próximas ao ministerio.
Fontes próximas á extrema dereita parabenizaron á Garda Civil pola operación que rematou co resquisamento das papeletas e cartazas pro independentistas. “Odiamos a los catalanes y como buenos españoles estamos encantados de tener cerca a la gente que odiamos. Es un principio básico de la convivencia que se nos permita vivir con la gente a la que odiamos”.