Kevin por fin tiña traballo e ía mudarse a súa propia vivenda pero o Tribunal Constitucional declara a nulidade da emancipación.
A nai de Kevin recurriu en amparo ao constitucional porque o seu fillo marchaba da casa unilateralmente para vivir “con esa lurpia cazahombres” polo que o alto tribunal procedeu a declarar a nulidade da súa marcha da casa dos pais. Nese momento, o pai de Kevin, que estaba a favor de que marchara da casa porque “ya era hora de que tuviera un puto trabajo” procedeu a convocar un referendo para ver se Kevin podía marchar. Acto que foi novamente recurrido pola nai indicando que tiña que votar toda a familia e a comunidade de veciños do edificio dos cantóns da Coruña na que viven. “Es una decisión que nos afecta a toda la familia y a la comunidad de vecinos ya que Kevin ayuda a sintonizar las televisiones y TDT de muchos vecinos”, declarou a nai.

Kevin e a súa parella soñaban coa republica independente da súa casa
A cuestión volveuse tensa cando o Constitucional tamén anulou a consulta e indicou que non se podía celebrar xa que soamente unha xuntanza da comunidade de veciños tiña a competencia para facer consultas sobre cousas que afecten a toda comunidade. Foi nese momento no que, tanto o fillo como pai (aínda que por diferentes motivos), decidiron recorrer á desobediencia civil e convocar unha consulta soamente dentro do seu piso colocando un papel cun imán na neveira pero a fiscalía actuou de oficio e ordeou á garda civil de que retirara o papel da consulta pero nada máis marchar do piso, o fillo e o pai recurriron a unha vella HP DeskJet 520 para imprimir un novo papel que tamén foi requisado polas forzas de seguridade.
Un amigo de Kevin recentemente emancipado ofreceuse a imprimir as papeletas da familia e facer as votacións na súa casa pero esta acabou precintada pola policía local da Coruña.
Kevin e o seu pai estaban firmemente convencidos de seguir adiante e, na comida familiar do domingo, forzaron unha votación que gañaron 5-4 cos votos a favor do propio Kevin, o seu pai, o seu avó, as súas dúas irmás pequenas contra o votos da nai, a avoa e os dous cuñados que lle querían tocar as narices e ademais eran do PP.
Na actualidade Kevin sigue a vivir na casa dos seus pais xunto coa súa moza que se tivo que trasladar alí. Os dous cadelos e a gata que ela tiña acompáñanos na habitación. Tivo que deixar o seu traballo e o conseguinte salario que lle reportaba para pasar a percibir unha asignación en forma de paga mensual. A nai xa recurriu a presencia da moza de Kevin diante de extranxeiría por emigración ilegal.