VOX á caza da díscola “roja”

VOX, a nova formación española de corte ultraliberal, encabezada polas escisións do Partido Popular e o exfuncionario de prisións Ortega Lara decide botar a caña nas augas revoltas galegas. Segundo a información chegada á redacción de TemposGalegos, o novo partido de dereitas estaría interesado en contar entre as súas filas coa exdeputada de AGE, Carmen…

Jorquera e o BNG apostan pola fronte ampla

Esa será a proposta do BNG de cara o vindeiro ano, frontes amplas ou entradas incipientes. Segundo o comunicado feito público polo propio BNG, a “alopecia galopante ameaza a tódolos sectores da sociedade e como representante dela queremos por de manifesto a noso compromiso coa clase traballadora”. Por estes motivos, desgrana o BNG, “as figuras…

Cesan un ministro por fumarse os brotes verdes

O goberno anunciará ao longo do día de hoxe o cese dun ministro por fumarse de golpe todos os brotes verdes. Segundo puido saber este xornal este é o xeito no que os membros do goberno se referían aos cogollos de  marihuana White Widow que tiña escondida o presidente nunha caixa de puros que lle…

Relixión católica para os nenos de gardería

O Ministerio de Educación e Cultura do Goberno de España fai hoxe publica a nova medida a implantar nos centros infantís a partires do próximo curso escolar, a materia de relixión será obrigatoria para os nenos de entre 0 e 4 anos. Despois dos últimos datos dos que se desprendía unha baixada de entorno a…

O goberno di que mallar na xente é “positivo para a economía”

Nunha rolda de prensa sobre a nova Lei de Seguridade Cidadá di que o goberno non escatimará en hostias e porrazos xa que mallar na xente é positivo para a economía. O Ministerio presentou nun PowerPoint todas as vantaxes da nova Lei e destacou que será positiva para a economía. Deste xeito deron exemplos como…

Os díscolos do PSOE de Ourense déixanse querer por Anova

Despois da suspensión de militancia por parte da executiva de Ferraz os “pachistas” abren as portas ás negociacións. A situación crítica que se mantén desde o pasado 16 de decembro, cando este grupo de críticos abandonou unha sesión plenaria durante a votación, deixando en minoría ao alcalde, Agustín Fernández viuse agravada este mesmo xoves, cando…

Pedro J. Ramírez deixa “El Mundo” e vai ao “Más Allá”

A noticia acaba de saltar na prensa do Estado. Pedro J. Ramírez, director do diario El Mundo, deixa a dirección do xornal e, segundo puidemos confirmar, pasará a dirixir a nova época da revista “Más Allá”. Segundo confirman fontes achegadas ao xornalista, Pedro J. ten pensado abrir a nova etapa da revista con varias ducias…

I+D+i: A pandeireta de coiro de cacique

Vimos de comprobar que nos últimos anos unha industria estase a converter en referente galego do sector manufactureiro. Non é outro que a industria pandeireteira. A gran calidade do coiro de cacique curado, durante anos de ínfimos traballos nas administracións públicas fan que as pandeiretas galegas se convertan nun obxeto moi cotizado tanto dentro do…

Descúbrese que un parlamentario levaba morto 10 anos

Atopárono sentado no sofá da súa casa, diante do televisor, completamente momificado, situación que os expertos forenses achacaron a inusual cantidade de formol que contiña o seu sangue. Os policías encargados de inspeccionar o lugar tiveron que tirar a porta abaixo porque estaba totalmente obstruída por unha morea de sobres que alguén se adicara a…