
Monseñor Rouco Varela ao remate do acto de presentación da nova lei
O Ministerio de Educación e Cultura do Goberno de España fai hoxe publica a nova medida a implantar nos centros infantís a partires do próximo curso escolar, a materia de relixión será obrigatoria para os nenos de entre 0 e 4 anos.
Despois dos últimos datos dos que se desprendía unha baixada de entorno a un 20% nos matriculados na asignatura de relixión, en idades comprendidas entre os 14 e os 18 anos, o goberno central, mediante un convenio coa Conferencia Episcopal Española, contratará un total de 3212 novos mestres que serán os encargados de impartir as ensinanzas das sagradas escrituras aos máis cativos.
As prazas de mestres segundo confirma a Conferencia Episcopal serán cubertas na súa totalidade por sacerdotes experimentados con máis de 40 anos de profesión ás súas espaldas, “están a perderse os valores que tanto nos costou ensinar desde a infame ditadura republicana” comentaba un dos sacerdotes que impartirá clase na comarca do Deza, “ademais os meniños e meniñas son todos moi fermosos” concluíu.
Preguntado ao presidente da Conferencia Episcopal, monseñor Rouco Varela, explicou que “está será una gran oportunidad para demostrar que la mayoría de nosotros respetamos a los niños cuando los vemos, así se acabarán las suspicacias”, do mesmo xeito aproveitou a ocasión para felicitar ao ministro José Ignacio Wert pola súa valentía e pola estreita relación entre ámbalas dúas institucións, unha relación que non dubidou en calificar en “¡como Dios manda!” .