Chuza! e Menéame artellarán unha candidatura para as europeas

As candidaturas para as eleccións europeas multiplícanse. Despois de que Pablo Iglesias anunciara unha candidatura dos movementos sociais agora son as redes sociais as que anuncian unha candidatura conxunta para as eleccións europeas. A pesar de que o sector duro de Chuza! apunta que non irán xamáis con españoléame a asemblea da asociación da por…

A caluga de Lendoiro presentarase á presidencia do Depor

A sorpresa saltou onte cando a caluga de Lendoiro, nun exercicio propio das organizacións nacionalistas, excindiouse do actual presidente e anunciou que se ía facer unha candidatura para presidir o Deportivo da Coruña. Entre as primeiras medidas que anunciou destaca a incorporación dun segundo ‘L’ ao nome. Deste xeito, segundo declarou “El clú pasaría a…

Sospeitan que Resistencia Galega botou as bombas de palenque do 15 de agosto

O delegado do Goberno en Galiza, Samuel Juárez, dixo onte que os artefactos que explotaron no pasado día 15 por todo o país leva todos os selos de Resistencia Galega. Foron artefactos comunmente coñecidos como bombas de palenque, de certa potencia, sinalou Juárez aos medios de comunicación en Cambados, onde explicou que os explosivos, estalaron…

Samsung patrocinará as comparecencias de Rajoy

A multinacional chegou un acordo co Partido Popular para patrocinar os eventos. A empresa coreana ve un potencial tremendo na estratexia de Rajoy. Pensa que, ao non dar a cara, lles pode beneficiar enormemente. Para iso acaba de asinar un convenio co PP para patrocinar eventos deste tipo. Os departamentos de I+D+i de Samgung e…

Deteñen o tendeiro que lle vendeu o pan a nai dun etarra

O Ministerio do Interior difundiu hoxe por twitter unha operación na que se detivo a cúpula dunha tenda de ultramarinos. Segundo puido averigüar este xornal o tendeiro e propietario da tenda vendíalle o pan todos os días a nai dun membro de Eta condenado por diversos atentados. Fontes policiais indicaron que o pan foi utilizado…

Os músculos de Aznar, resultado de múltiples operacións cirúrxicas

José María Aznar luce unha impresionante figura que o converte nun dos homes máis desexadas do planeta e agora, grazas á revista Life&Style e a unha fonte que contactou coa publicación, sabemos que o seu espectacular torso non é froito unicamente do traballo duro no ximnasio. Segundo o citado medio o expolítico e empresario español,…

Últimas clases da Teoría da Evolución

A polémica materia de Coñecemento do Medio e a súa teoría da evolución de Darwin ten os días contados. O ministro de Educación, José Ignacio Wert, anunciará hoxe no Congreso, previsiblemente, a supresión desta materia do currículo académico durante a súa  primeira comparecencia na Cámara Baixa na que exporá as reformas educativas que abordará nesta…

A CEOE pide eliminar os soldos

O Presidente da CEOE, Juan Rosell, expresou este martes o seu apoio á proposta de desvalorización interna exposta a España de forma teórica polo Fondo Monetario Internacional (FMI) para reducir un 10% os salarios co obxectivo de impulsar o emprego e o crecemento da economía, dándolle este unha volta de porca e propoñendo eliminar os…

Atopan un asentamento de enchufados nos sotos da Deputación de Ourense

Un grupo de arqueólogos acaba de facer un descubrimento antropolóxico novedoso nos sotos da Deputación de Ourense. Trátase dun asentamento de enchufados que vivían alí dende tempos ignotos. A comunidade científica está abraiada porque non tiveron contacto humano e as súas costumes aínda non están contaminadas polos resortes da transición. A equipa científica esfórzase por…