Política

Jorquera e o BNG apostan pola fronte ampla


Esa será a proposta do BNG de cara o vindeiro ano, frontes amplas ou entradas incipientes.

Jorquera, Paco Rodríguez, Ruben Cela e Paco García son algúns dos membros do BNG que xa cumpren a nova normativa

Francisco Jorquera, Paco Rodríguez, Ruben Cela ou Paco García son algúns dos membros do BNG que xa cumpren a nova normativa

Segundo o comunicado feito público polo propio BNG, a “alopecia galopante ameaza a tódolos sectores da sociedade e como representante dela queremos por de manifesto a noso compromiso coa clase traballadora”. Por estes motivos, desgrana o BNG, “as figuras públicas do partido deberán ter, cando menos, pouco pelo, ou estar rapados ao cero”.

Do mesmo xeito Jorquera apuntaba desde o Parlamento que a súa é unha aposta valente pola Fronte Ampla, literal e sen andar con rodeos, facendo fincapé no grande número de calvos que asolagan o noso país.

Cabe esperar agora como se traducirá isto aos cadros do BNG, se ben moitos xa cumpren estes requisitos, outros terán que adaptarse as novas normativas que se impoñen desde o sector duro e maioritario da formación nacionalista, a UPG.

“Somos conscientes do esforzo que isto suporá aos nosos camaradas, pero máis está a sufrir a xente da rúa”, declaraba Paco Rodríguez a Tempos Galegos.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.