Política

Os díscolos do PSOE de Ourense déixanse querer por Anova


Despois da suspensión de militancia por parte da executiva de Ferraz os “pachistas” abren as portas ás negociacións.

Tres dos cinco díscolos ás portas da Sede de Anova Ourense

Tres dos cinco díscolos ás portas da Sede de Anova Ourense

A situación crítica que se mantén desde o pasado 16 de decembro, cando este grupo de críticos abandonou unha sesión plenaria durante a votación, deixando en minoría ao alcalde, Agustín Fernández viuse agravada este mesmo xoves, cando tres ediles díscolas con asento na xunta de goberno non acudiron á cita, aínda que dúas delas presentaran o pasado día 13 un escrito de renuncia que o rexedor avanzou que aceptaría esta mesma semana.

Esta mesma mañá comunicábase aos medios que os concelleiros pasaban a estar suspendidos de militancia mentres o asunto non fose resolto. Mentres tanto os, ate o de agora, 5 membros da corporación municipal se mostran favorábeis a continuar no concello, “xa sexa como independentes ou dentro dun novo grupo municipal”. En declaracións feitas esta mañá polo líder dos rebelados, Rodriguez Penin, admitía que as conversas estaban moi avanzadas coa formación que dirixe Beiras, Anova – Irmandade Nacionalista. Anova non conta, a día de hoxe, con representación no Concello de Ourense, e desta maneira sumaría 5 membros, coa conseguinte posibilidade de ter grupo municipal propio e incluso posibilidade de goberno.

Desde Ourense, a formación nacionalista eludiu facer declaracións até que estea “todo ben atado”, non así o seu representante nacional de Relacións Políticas, Luis Eyré, que declaraba “está é unha gran oportunidade para Ourense e para nós, alén de ser unha forma de restablecer antigas relacións con membros do PSG, cos que xa compartimos viaxe”.

Cabe destacar que o líder de Anova, Xosé Manuel Beiras, xa o foi nos anos 70, concretamente do 1971 ao 1977, líder dos socialistas galegos, PSG, e que moitos antigos compañeiros deste remataron militando na franquicia española do PSOE.

2 thoughts on “Os díscolos do PSOE de Ourense déixanse querer por Anova

  1. Pingback: Os díscolos do PSOE de Ourense déixanse querer por Anova

  2. Pingback: Pachi Vázquez candidato do PSdeG-PSOE a alcaldía de Ourense | Tempos Galegos

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.