VOX, a nova formación española de corte ultraliberal, encabezada polas escisións do Partido Popular e o exfuncionario de prisións Ortega Lara decide botar a caña nas augas revoltas galegas.

Rolda de prensa de presentación de VOX, hai unhas semanas
Segundo a información chegada á redacción de TemposGalegos, o novo partido de dereitas estaría interesado en contar entre as súas filas coa exdeputada de AGE, Carmen Iglesias Sueiro.
O pasado luns trala petición de Carmen Iglesias de abandonar o grupo da coalición formada por Anova e Esquerda Unida, VOX teríase posto en contacto coa deputada galega para ofrecerlle formar parte do seu plantel xunto cos impulsores deste Jose Luis González Quirós, Santiago Abascal Conde, Ignacio Camuñas, Cristina Seguí, José Antonio Ortega Lara ou Ana Velasco Vidal-Abarca.

Carmen Iglesias Sueiro tras abandonar o grupo da AGE
Deste xeito a nova formación pasaría a ter un deputado na Cámara Galega, aínda segundo comentan desde Madrid o único que lles interesaría sería “la publicidad de tener representación en Galicia del Caudillo”.
Tempos Galegos púxose en contacto con Carmen Iglesias quen destacou que “yo siempre fui española y consideré a los nacionalismos muy excluyentes, esta es la primera vez que me sentía a gusto con uno de ellos”. Do mesmo xeito explicitou que polo de agora non hai nada pechado e que xa son máis formacións as que se puxeron en contacto con ela. “UPyD y Democracia Orensana también me llamaron el lunes, pero yo sigo siendo la roja de siempre. Yo seguiré trabajando por frentes amplios y si estos tres partidos se ponen de acuerdo yo podría ser la cola de unión de ellos, el gualda entre los rojos” concluía entre risas.
Nunha rolda de prensa, a presidenta de UPyD, Rosa Díez dixo que a acollerían co bo gusto a pesar de ser “gallega”. Preguntada por un xornalista sobre o suposto republicanismo de Iglesias Rosa Díez respostou facendo o mesmo xogo de palabras que Carmen Iglesias: “Ya tenemos a la roja de siempre, nosotros somos los gualdas de antes y como ella se va a poner morada con las asignaciones del grupo mixto pues también tenemos la tricolor española”.
Convenio Especial
A formación Vox comunicou tamén que asinou un convenio de colaboración con Galicia Bilingüe para a creación dun novo dicionario que será utilizado polos seus cargos en Galicia. A formación UPyD parabenizou a iniciativa e agarda que sirva para que a lingua galega no suene “tan gallega” como agora.
Roja! Amarela,…. En fin, se me poño a poñer calificativos, vou á cadea. E isto co meu esforzo e cos meus cartos. Anda Roja, páganos a campaña eleitoral, LADROA!
Que decrépita minha señora. Unha señorona de Ourense. Que? Compras en Adolfo ou no Verino? Moita estética e ningunha ética! Ah! Se poidera dicir o que penso de ti. NOXO ME DAS !