Nunha rolda de prensa sobre a nova Lei de Seguridade Cidadá di que o goberno non escatimará en hostias e porrazos xa que mallar na xente é positivo para a economía.
O Ministerio presentou nun PowerPoint todas as vantaxes da nova Lei e destacou que será positiva para a economía. Deste xeito deron exemplos como que comprarán máis porras o que beneficiará as empresas de fabricación e venda destes instrumentos de educación, as cabezas dos manifestantes precisarán de atención médica que, cos novos plans de privatización, redundarán na sanidade privada todas as curas e próteses que merquen os manifestantes. Ademais como se multará a calquera que estea a menos de 10 kilómetros da manifestación aumentarase o cobro de taxas xudiciais,e tamén xenerará soldo de avogados e peritos. Por último e non menos importante, os que acaben na cadea serán retirados das cifras do paro polo que o desemprego baixará rapidamente aumentando a confianza dos inversores extranxeiros e nacionais.
O presidente da CEOE xa se manifestou encantado coa medida e engadiu que lle recomendarán ás empresas asociadas que propoñan condicións draconianas aos empregados co fin de que se manifesten e fagan folgas e así “ayudar a que España progrese”.
“Aquí están los brotes verdes” anunciou o presidente do goberno en declaracións posteriores. “Tenemos un plan completo de recuperación basado en la nueva Ley de vagos e maleantes…, digo, … orden público, digo … de Seguridad Ciudadana, fin de la cita” e deste xeito anunciou que eliminará os salarios dos empregados públicos, as pensións e que prescindirá da sanidade. O goberno calcula que coas mobilizacións recaudarán o equivalente ao rescate de Bankia na primeira semana de implantación. Avanzou tamén o cambio de denominación da policía que pasará a chamarse Axencia Tributaria Armada.
O FMI, o Banco Central e a UE xa se manifestaron a favor da medida.