O político Pachi Vázquez, exsecretario xeral do PSdeG-PSOE, exalcalde do Carballiño e deputado no parlamento galego vai ser finalmente o candidato do sector “pachista” a alcaldía da cidade das Burgas. O conflito polo control da PSdeG-PSOE en Ourense das últimas semanas acabou por precipitar a presentación da candidatura que xa comezaba a tomar forma desde…
Autor: TemposGalegos
Filipe Díez trolléase a si mesmo e provoca a implosión dun servidor de Twitter
O coñecido blogger político Filipe Díez provocou onte unha implosión na súa conta de twitter ao responderse a si mesmo e contestarse varias veces seguidas. Segundo informa Twitter o número de respostas e a frecuencia das mesmas fixo saltar polos aires un dos servidores ibéricos da coñecida rede social. Resultaron danados no incidente a conta…
Clonan un diplodocus para facer unha macro-churrascada
A división científica de Carnelao acaba de facer realidade a ensoñación de Spielberg en Parque Xurásico e conseguiron a clonación dun exemplar de diplodocus (xénero dos saurópodos diplodócidos) que habitou no noso país hai uns 150 millóns de anos. O xenoma foi atopado nun galpón de Chandrexa de Queixa e rapidamente foi remitido ao Centro…
Mensaxes subliminais condicionan ao BNG na toma de decisións de cara ás europeas
Informadores de Tempos Galegos en Compostela afirman coñecer porque o Consello Nacional do BNG decidiu tomar parte nunha hipotetica coalición co grupo político vasco BilduEH. Diferentes filtracións a tempos galegos confirman que durante as reunións do máximo órgano do partido nacionalista, o Consello Nacional, nas cales se debatía o formato de concurrencia ás eleccións europeas,…
Wert modificará por lei a suma para que coincida cos cálculos do PP
Anunciouno a voceira do goberno na rolda de prensa habitual dos venres. Soraya Saenz de Santamaría dixo que dende o goberno non vían máis opción para salvar a economía española que recurtar a suma. Un comité de expertos asesorado por un reputado experto en cálculo elaborou un informe que será engadido á nova Lei de…
Tempos Galegos contrata o equipo de Intereconomía para a redacción das noticias
Os axustes económicos en materia de emprego chegan tamén a nosa redacción. A partires da próxima semana, comezaran a traballar en Tempos Galegos, procedentes da Illa de Tambo, o novo equipo de redactores, cos cales buscaremos darlle un toque de calidade as nosas novas. Despois dunha complicada busca e rebusca de perfís idóneos para o…
Os habitantes de Compostela mutarán nos próximos 10.000 anos
Investigadores da USC e do Campus do Mar da Coruña descobren que a forma polimórfica do ADN das e dos habitantes composteláns está a sufrir pequenos cambios debido ao contacto coa auga. Despois de dez anos de investigación, presentábase onte en Compostela o primeiro dossier do informe “PEIXEFRESCUM”, no cal estudosos da universidade de Santiago…
A Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña ofertará un Grao en Feísmo
O conselleiro de Cultura sentenciou que ‘nestes tempos austeros por que non imos poder restaurar a Catedral de Santiago con Uralita ou meterlle un pouco de bloque a muralla de Lugo’ Representantes da Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña compareceron onte en rolda de prensa para anunciar un novo Grao en Feísmo. Os reponsábeis da…
Garzón rebenta asemblea independentista galega como vinganza ao boicot das súas charlas
Baltasar Garzón moi anoxado decidía así tomarse a xustiza pola man. Despois de que esta mañá unha vintena de mozas e mozos, a gran maioría membros da comunidade estudantil compostelá, dificultaran e practicamente impediran que se desenvolvese con normalidade a charla que Baltasar Garzón tiña programada na Facultade de Ciencias da Educación, no Campus Vida…
Manzaneda alza a bandeira do nacionalismo
O punto máis alto de Cabeza de Manzaneda énchese de estreleiras. Tal como foi aprobado no último pleno, nunha moción presentada polo grupo de Anova – Irmandade Nacionalista no Concello de Manzaneda, onde rexentan a alcaldía, o pico de Cabeza de Manzaneda luce agora media ducia de Bandeiras Galegas ou da Patria. Seis bandeiras estreleiras…
Ingresados por inanición varios nacionalistas tras unha discusión sobre normativa
O suceso tivo lugar no local da Troita Armada en Santiago de Compostela onde houbo unha xuntanza de varios grupos nacionalistas para a realización dun manifesto contra a corrupción en Compostela. Segundo nos informaron, aos 10 minutos de comezar a xuntanza iniciouse a discusión sobre a norma do manifesto e alongouse durante 96 horas nas…
O bigote de Aznar medra cara adentro
Esta foi a afirmación categórica que se da desde a Clínica RUBER, onde desde a pasada noite o expresidente do goberno permanece ingresado. En rolda de prensa o equipo médico encargado do que no seu momento fora un dos bigotes máis valorados, explicaron que se atopan ante unha das chamadas enfermidades raras, sendo un dos…
