Despois do escrache ao expresidente Felipe González na que centos de alumnos lle impediron dar unha charla, a empresa enerxética decidiu subirlles o recibo de luz e gas á universidade como reprimenda polo acontecido. GasNatural Fenosa vén de anunciar o incremento paulatino a partires de hoxe da factura de luz e gas da Universidade Autónoma…
Autor: TemposGalegos
O iogur de licor café de Larsa superou á pornografía como o máis buscado en Google
A pornografía está en momentos baixos. Por segunda vez no ano deixan de ser o máis buscado na rede. Primeiro foi coa febre da aplicación de Nintendo: Pokémon GO. Esta vez os números asustan. Dende que o primeiro iluminado sacou a foto ao iogur, as fotos por Whatsapp non pararon e compartirse. Os máis incrédulos,…
Yosi roza o Nobel de Literatura
O cantante dos Suaves queda ás portas do premio que finalmente foi para Bob Dylan. O cantante e compositor ourensán que tamén estaba nominado ao nobel en química. Concretamente e segundo a Academia Sueca reparou na posibilidade de galardoar ao cantante por “crear novas expresións poéticas dentro da gran tradición das cogorzas, galegas e internacionais”. De ter…
Larsa tamén lanzará un iogur de Barrantes
Larsa é a segunda empresa que lanza un producto baseado nun licor típico do noso país depois de que en setembro do ano 2014 a multinacional francesa Danone sacase ao mercado un Actimel de licor café. Despois da atención mediática obtida polo iogur de Licor Café a compañía lanza o novo postre lácteo con sabor a…
A Lexión sustitúe a súa cabra pola virxe do Pilar
Confírmase así o ascenso da Pilarica, ao sustituír a u símbolo como é a cabra da Lexión. A sustitución da cabra da Lexión, pola virxe do Pilar convirtese en TrendingTopic, #TT, minutos despois do anuncio por parte do Ministerio de Interior. O ministro Jorge Fernández Díaz foi o encargado de dar a noticia ante os…
Localizan un dos gatos que mexa a Mahou
Un veciño de Ribeira localizou o pasado luns un dos gatos que, segundo el, é dos que mexa a Mahou. Segundo relatou Manoel S.G., autor do descubrimento, foi recoller un gato que se atopaba abandoado na rúa e que parecía que tiña fame e foille levar algo de leite para que comera. “O condenado do ghato…
Enxeñeiros da Uvigo consiguen illar o material co que están feitos os Vitrasa
Despois de varias décadas de estudos, consiguen illar o material que a partir de agora poderá ser usado na industria militar para a fabricación de chalecos antibalas. Enxeñeiros da Universidade de Vigo, acaban de illar por primeira vez o material dos autobuses urbanos de Vigo, os Vitrasa, mundialmente coñecidos pola súa resistencia ao impacto e a dureza…
O macrovertedoiro de Lousame podería recoller os restos do PSOE
O proxecto de macrovertedoiro que a Xunta de Galicia ten ideado para Lousame podería recoller residuos de todo tipo. Ademais dos industriais non se descartan outros e, incluso, hai quen fala que os restos do PSOE poidan acabar alí. Preguntado un veciño de Soutorredondo, unha aldea da parroquia de Lesende declarou que “Poden traer todas as…
Telepizza ficha a Pedro Sánchez como asesor
A Comisión de Nomeamentos de Telepizza nomeou ao exsecreatrio xeral do PSOE, Pedro Sánchez, como conselleiro asesor de Telepizza para España. Pedro Sánchez, o ate hai pouco candidato á presidencia do Estado por parte do PSOE, cambia o seu escano no Congreso dos deputados, por unha silla no Consello de Administración da firma pizzeira, Telepizza. As portas…
Unha parella de Padrón quere chamarlle Escolopendra á súa filla
A parella recibiu unha comunicación do rexistro civil de Padrón na que lles negaban a inscrición da súa filla co nome escollido por eles. Segundo indica a notificación o nome pode ser ofensivo ou prexudicial para a pequena e lle recomendaba un nome moito máis bonito e que non lle causara danos psicolóxicos como Dolores ou…
Feijóo cantará no Luar na súa xira polos programas da TVG.
A canción será unha versión da canción de Julio Iglesias “Un canto a Galicia” e o presidente estará acompañado polo artista vigués Tony Lomba. A xira, que comezou o pasado mércores no programa LandRober, incluirá tódolos programas emblemáticos da televisión pública galega, sendo o debut musical do presidente o punto álxido da mesma. “Grazas a…
Varios concellos crearán a súa propia moeda
O meu concello, a miña moeda. Esta vai ser a máxima de moitos concellos que crearán a súa propia divisa. No concello de Pereiro de Aguiar nacerá o eliseo que equivalerá a dous euros. Nos últimos tempos, en numerosos concellos estanse a propoñer medidas innovadoras para fomentar o comercio local como pode ser a implantación dunha…
