O meu concello, a miña moeda. Esta vai ser a máxima de moitos concellos que crearán a súa propia divisa. No concello de Pereiro de Aguiar nacerá o eliseo que equivalerá a dous euros.

Os eliseos correrán por Pereiro de Aguiar. A taxa de cambio da divisa establécese en 2 euros por cada eliseo ou 29000 rupias / eliseo
Nos últimos tempos, en numerosos concellos estanse a propoñer medidas innovadoras para fomentar o comercio local como pode ser a implantación dunha moeda propia complementaria e/ou sustitutiva do euro. Trataríase dunha moeda, que so se podería empregar nos comercios e establecementos do concello en cuestión. O concello de que se trate pagaría parte das subvencións e das nóminas do persoal con esa moeda de novo cuño, co obxectivo de que a cidadanía a empregue tamén para pagar as taxas municipais. Esta nova moeda sería “un xeito de promover o desenvolvemento local e de xerar un efecto multiplicador da riqueza, que beneficie principalmente ao pequeno e mediano comercio.
Numeroso concellos da provincia de Ourense, coa vista posta na atracción mediática que suporía (e que é máis sinxelo copiar que inventar), quérense converter nos primeiros en crear esta moeda local. Por comentar algúns exemplos: Desde o concello de San Xoán de Río afirman estar dispostos a estudar o tema en profundidade, xa que coa información da que dispoñen neste momento non poden facerse unha idea clara do proxecto e das súas implicacións. No concello veciño da Pobra de Trives, o equipo de goberno baralla convocar unha asemblea veciñal para debatir o tema: “como pobo unido e democrático que somos, tomaremos esta decisión por consenso”, afirman. Según manifestou o alcalde, en principio parecelle una boa idea, xa que “evitaría a fuga de capitais e que a xente marchase comprar a Ourense, Monforte ou Ponferrada, ao non ser válida fóra do concello”.
Tamén se está a promover a iniciativa noutros concellos da pronvincia. Así o rexedor de O Pereiro de Aguiar, Eliseo Fernández, contactou con técnicos de prestixio para que estuden o tema e lle propoñan a mellor opción para implantar a nova moeda, o eliseo, á maior brevidade posible. “Eu a única condición irrenunciable que poño é que nunha das caras se vexa o meu perfil bo”.
Pola súa banda, en Toén decidiuse nun pleno extraordinario realizar unha chuvia de ideas para decidir o tipo de moeda, cuño, nome, etc. A idea está comezando a tomar forma tamén noutros concellos das provincias da Coruña, Lugo…