A Comisión de Nomeamentos de Telepizza nomeou ao exsecreatrio xeral do PSOE, Pedro Sánchez, como conselleiro asesor de Telepizza para España.
Pedro Sánchez, o ate hai pouco candidato á presidencia do Estado por parte do PSOE, cambia o seu escano no Congreso dos deputados, por unha silla no Consello de Administración da firma pizzeira, Telepizza.
As portas xiratorias non tardaron moito en xirar co exlíder socialista, e éque unha vez forzado a dimitir pola dirección federal do seu partido, non foron poucas as ofertas que lle chegaron para formar parte de Consellos de Administración de diferentes empresas no territorio español e en países do estranxeiro.
Malia todo, a decisión non pareceu ser complicada para Pedro Sánchez, quen como é ben sabido é un erudito das pizzas, e as súas recomendacións en twitter chegaron a ser virais a niveis nunca antes pensado para un crítico gastronómico.
Desde Telepizza afirman que contar coa presenza de Sánchez entre os seus será un punto de inflexión de cara a ampliar tanto os seus nichos de mercado como para dirimir novas estratexias comerciais así como novas receitas e ingredientes para as súas pizzas.