Vende na Pedra o tabaco que lle pedía aos colegas

Descubren a un home de nacionalidade galega vendendo no mercado vigués de A Pedra o tabaco que lles pedía coa escusa de ter quedado sen el. Un mozo, que segundo os testigos, falaría en galego, foi atopado vendendo tabaco procedente das suas amizades. A persoa en cuestión, pedía tabaco baixo a premisa de ter quedado…

Abren un buffet libre vegano nun prado da Fonsagrada

O prado ten capacidade para máis de 1000 comensais e por un prezo de 6 euros poderán comer toda a herba que queiran. Josito era gandeiro. Os prezo do leite non permitía vivir e decidiu cambiar o modelo de negocio. “O do leite non daba para nada así que díxemen: Josito, teste que facer emprendedor”,…

Rouban cabazas de Samaín para facer chourizos de cabazo

Unha banda organizada do oriente ourensán podería estar detrás dos actos que se levan acomentendo nos últimos días. A proximidade das datas cara o Samaín, Fieis Defuntos ou Halloween, dependendo da ideoloxía de cada quen, fai que os amigos do alleo saian a buscar aquilo que outras persoas deixan descoidado. Desta volta un grupo de…

A Coordinadora de En Marea obrigará a Villares a viaxar en BlaBla Car

Forzará ao ex maxistrado a ir en bicicleta se os traxectos son de menos de 30 quilómetros e a utilizar a coñecida aplicación para compartir coche se supera a treintena. Segundo trascendeu onte, a Coordinadora de En Marea rexeitou a petición de Luis Villares. Fontes próximas a En Marea indican que Iago Martínez tomou a palabra…

Ángela Rodríguez, de Podemos Galicia, denunciada por SPam

A reprensentante de Podemos Galicia, e deputada nas Cortes españolas por EnMarea, Ángela Rodríguez,  foi denunciada por SPam segundo advirten diversos medios de comunicación. A plataforma ‘Bots Políticos Non’ levou a cabo unha análise informática, segundo o cal, se chega a conclusión de que Ángela Rodríguez é en si mesma SPam, tal como indica a súa propia…

Avistan un OVNI coa forma dun pote da queimada

Un grupo dunhas corenta persoas da costa da morte afirman ter avistado un obxecto voante non identificado (OVNI) o pasado sábado pola noite. O avistamento tivo lugar despois dunha festa na parroquia de Camelle no Concello de Camariñas e foi despois dunha celebración onde os veciños do lugar tomaran queimada. “Dixeron o conxuro e apareceu o OVNI”,…

TemposGalegos Reviews – O iogur de Licor Café de Larsa

Probamos e contámosvos as nosas opinións sobre o novo iogur de Licor Café de Larsa. Para abrir apetito podedes ver o Unboxing elaborado pola redacción de TemposGalegos: Este outono Larsa aposta pola innovación e lanza en exclusiva mundial o primeiro iogur de Licor Café. Nesta ocasión Larsa presentano un iogur cremoso e con reminiscencias ao…

Un home tenta suicidarse guindándose dende o ego de Abel Caballero

Os 75 metros da torre do hospital xeral non lle pareceron suficientementes polo que un veciño de Vigo que responde ás iniciais MGG saltou onte dende o ego de Abel Caballero.  A pesar da altura o home resultou ileso ao caer sobre a paciencia dun militante de base do PSOE que paseaba pola rúa e que nin se…