Sociedade

Feijóo cantará no Luar na súa xira polos programas da TVG.


A canción será unha versión da canción de Julio Iglesias “Un canto a Galicia” e o presidente estará acompañado polo artista vigués Tony Lomba.

A xira, que comezou o pasado mércores no programa LandRober, incluirá tódolos programas emblemáticos da televisión pública galega, sendo o debut musical do presidente o punto álxido da mesma. “Grazas a esta xira, todas as galegas e galegos poderán estar o tanto dos meus gustos e preferencias así como da miña relación coa miña muller ou as primeiras palabras en inglés do meu fillo”, afirma Alberto Nuñez Feijóo.

Neste especial Luar, o presidente galego fará unha performance co cantante vigués Tony Lomba, no que exhibirán bandeiras patrioticas, das cales a TVG non especificou que patria serían, aínda que todo apunta a que esta actuación puidera sre usada por Núñez Feijóo como trampolín cara Madrid.

Núñez Feijóo durante o programa de LandRober

Núñez Feijóo durante o programa de LandRober

De feito, entre outras cousas, o actual presidente da Xunta desvelou no programa de humor LandRober que o seu personaxe favorito da serie de Xogo de Tronos é Ramsey, co que recoñece sentirse moi identificado “utilizamos métodos de persuasión similares, vexo nel un reflexo da miña personalidade” confesa. Ademáis, Feijoo anuncia que nesta terceira lexislatura van cambiar moito as cousas. Para comezar a TVG non vai seguir controlada polo Partido Popular como é o caso dos últimos 8 anos, senón que será el, quen persoalmente elixa tódolos contidos e programas.

Sen embargo, está decisión non está exenta de voces críticas. Dende a oposición consideran que a utilización da TVG para fins privados non é lexítima e que vai en contra da independencia dos medios públicos, poñendo en risco a liberdade de prensa e o libre acceso á información. De feito, en Twitter, moitos usuarios criticaron o uso do programa de humor LandRober con fins partidarios.

Pola súa banda dende LandRober deféndense e aseguran que escolleron o presidente da Xunta, non polo feito de que o PP teña o control da televisión pública galega, senón polo se parecido cun macaco.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s