O proxecto de macrovertedoiro que a Xunta de Galicia ten ideado para Lousame podería recoller residuos de todo tipo. Ademais dos industriais non se descartan outros e, incluso, hai quen fala que os restos do PSOE poidan acabar alí.
Preguntado un veciño de Soutorredondo, unha aldea da parroquia de Lesende declarou que “Poden traer todas as porquerías que queiran agora que non nos traian o veleno ese do Psoe aquí que non queremos acabar nunha xestora”.
“Ai! Dios mío que acaba aquí o Leiceaga ese que é do PSOE e da UPG e nos vai fa facer comunistas a todos”, comentou a señora Lolita veciña da Chousa visibelmente afectada mentres se persignaba repetidamente.
A conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio en funcións, Beatriz Mato, xa saiu ao paso das críticas veciñais e declarou que “no hai peligro ninguno de que la contaminación del Psoe se filtre a las aguas freáticas. Ademas su supuesto socialismo es inocuo. Son buena gente, siempre que nos apoyen, ¿eh? Si no son el demonio”.
O concelleiro do Partido da Terra en Lousame, oposto dende o principio ao macrovertedoiro, alertou de que “pode acabar na nosa freguesía toda a borralha do Psoe que purguen em Madrid. Exigimos a retirada do projeto e que o lixo o reciclen nas FAES”