‘Te quemo, te quemo, te quemo!’ engadiu o expresidente. A crise aberta no seo do PSOE, vén de agravarse aínda máis, despois xa de por si difícil situación que se abre coa dimisión de 17 membros da súa dirección. O noutrora presidente do estado español, Felipe González, dirixía duras acusacións cara o actual líder socialista…
Autor: TemposGalegos
Iker Jiménez viaxará a Galiza para investigar quen vota o PP
O presentador de cuarto milenio desprazarase ao noso país para tratar de desvelar o misterio que envolve os votos ao Partido Popular xa que todo o mundo nega telos votado pero conseguen maiorías absolutas. Á señora Lorinda aparecéronselle unhas siluetas de Feijoo na cociña ao estilo das caras de Bélmez. O fenómeno aconteceu nas Pereiras,…
Feijóo: “A democracia é unha merda”
Alberto Núñez Feijóo recíbenos no seu despacho de Monte Pío. Está sentado diante da súa mesa e sobre a cabeza ten pendurado un cadro de Manuel Fraga Iribarne posando coma Atlas, espido e co mundo sobre os seus ombreiros. Arrepiado pola imaxe, decátome de que o presidente ten a mirada fixa nun libro. Parece concentrado…
O temario das oposicións da Deputación de Ourense incluirá o Kamasutra
A institución provincial actualiza os temarios e materias para as prazas de emprego público. Así o confirmaba na mañá de onte o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar. Durante a rolda de prensa, na que aproveitou para falar dos seus escarceos amorosos, Baltar adiantou algunhas das que sería as liñas chave das próximas convocatorias. O…
A nova edición de MasterChef obrigará a cociñar unha enquisa da Voz de Galicia
O famoso concurso televisivo de cociña anuncia que a gran final se decidirá cunha enquisa do diario de referencia de Feijoo. É complicadísimo cociñar unha enquisa coas doses xustas de manipulación, mobilización do propio e desmobilización do contrario do xeito que fai La Voz de Galicia. Tanto é así que á produtora do famoso concurso…
Jason Statham protagonizará V de Villares
A secuela de V de Vendetta terá o epicentro da súa trama en Galiza. Jason Statham, o actor coñecido por filmes como Transporter ou Snatch, porcos e diamantes, foi o escollido despois de meses de casting para protagonizar a secuela da exitosa película V de Vendetta. Esta secuela, V de Villares, que será rodada no…
Feijoo sobre a pseudo-caixa finlandesa: ‘Vamos a incluír más pañales porque, si ganamos, os vais a cagar’
O Partido Popular apura as súas promesas electorais e indica que ampliará a caixa benvida con máis cueiros xa que segundo dixo “si gananos, os vais a cagar”. O PP está a subir a intensidade da súa campaña con máis promesas. Agora tócalle ao turno á caixa benvida que lanzou como unha mala imitación da…
O PP plantéxase contratar buses londinenses para profesionalizar a carretaxe
Estarián a disposición de asilos, monxas, curas e caciques de todo o país. As recentes imputacións no PP galego polas denuncias de carretaxe en Lugo está a facer mover ficha ao partido que goberna a maioría dos concellos galegos. Segundo fontes confidenciais chegadas ao noso medio, o Partido Popular está a plantexar profesionalizar a carretaxe…
Rita Barberá deixa o PP para unirse ao ‘Club de la lucha’
Despois de que o Tribunal supremo situase a Rita Barberá ao borde da imputación, a valenciá toma unha decisión acerca do seu futuro. Rita Barberá anunciaba no día de onte que abandonaba o Partido Popular despois dunhas intensas semanas, sobre todos nos últimos días, desde que o Tribunal Supremo vinculase á exacaldesa coa trama de…
Un aviso sonoro indicará que rematou o Telexornal e comeza a propaganda do PP
O Consello da Radio Televisión de Galicia acaba de aprobar un novedoso sinal acústico co que a canle separará o telexornal da propaganda electoral que se emitirá a continuación do mesmo. Segundo explicou un directivo o sinal será a triple repetición dun si bemol que compuxo Juan Pardo para a ocasión. A cantidade económica que…
A TVG organizará un debate a dous entre Feijoo e unha ameba para ver se así o gaña
Despois da malleira que levou Feijoo no debate de onte na TVG a canle reacciona e organizará un debate a dous entre o candidato do Partido Popular e unha ameba para darlle facilidades ao presidente. O debate electoral a cinco celebrado onte entre os principais candidatos á presidencia da Xunta saldouse cunha extrepitosa derrota de…
O PP promete promesas electorais
Feijoo acaba de presentar o programa definitivo da súa campaña e a medida estrela vai ser prometer promesas electorais. Onte tivo lugar a rolda de prensa na que o Partido Popular amosou a súa estratexia de campaña. Nela, Miguel Tellado e Rueda anticiparon a táctica dos populares para manter a Xunta: as promesas. Deste xeito…
