Sociedade

Unha parella de Padrón quere chamarlle Escolopendra á súa filla


A parella recibiu unha comunicación do rexistro civil de Padrón na que lles negaban a inscrición da súa filla co nome escollido por eles.

escolopendra

Unha parella quere chamarlle Escolopendra á súa filla

Segundo indica a notificación o nome pode ser ofensivo ou prexudicial para a pequena e lle recomendaba un nome moito máis bonito e que non lle causara danos psicolóxicos como Dolores ou Encarnación.

O cura da parroquia padronesa de Carcacía xa avanzou que se negaría a bautizar unha Escolopendra e que soamente aceptaría tal encomenda se lle chaman María Escolopendra posición que foi ratificada polo arcebispado de Santiago de Compostela.

A polémica lembra á que aconteceu este verán cos pais que tiveron problemas para inscribir ao seu fillo co nome de Lobo e converteuse nunha odisea que pasou por unha recollida de sinaturas na plataforma Change.org e o caso rematou no xulgado que, finalmente, permitiu que o rapaz puidese ser inscrito co nome que escolleron os seus pais.

Os pais galegos xa se puxeron en contacto coa parella madrileña e xa comunicaron á prensa que foron asesorados dos pasos legais e xurídicos que deron eles na súa victoria contra o sistema.

 

 

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s