Ciencia

Enxeñeiros da Uvigo consiguen illar o material co que están feitos os Vitrasa


Despois de varias décadas de estudos, consiguen illar o material que a partir de agora poderá ser usado na industria militar para a fabricación de chalecos antibalas.

vitrasaEnxeñeiros da Universidade de Vigo, acaban de illar por primeira vez o material dos autobuses urbanos de Vigo, os Vitrasa, mundialmente coñecidos pola súa resistencia ao impacto e a dureza para ser raiados.

Os enxeñeiros, que a súa vez estaban asilados no CUVI(Cidade Universitaria de Vigo), conseguiron separar esta materia, que denominaron Vitrasina, a partir do estudo de nanopartículas da defensa dun dos buses urbanos da cidade, concretamente dun C2, que foi donado polo Concello de Vigo.

A materia cunha dureza de 20/10 na escala Rockwell, sería capaz de raiar calquera material, incluso ao diamante, ate agora material máis duro da escala, facendo polvos deste en ensaios de choque violento. Este descubrimento confirmaría o famoso dito popular de “Só Vitrasa raia a Vitrasa”.

A Vitrasina podería ser utilizado a partir deste momento na industria militar para a fabricación de chalecos antibalas, aínda que tamén podería encerrar gran peligro de caer en malas mans, posto que a construción de armas de destrución masiva tamén sería unha utilidade de dita materia.

Polo de agora os 5g de Vitrasina extraídos do Vitrasa serán custodiados polo alcalde de Vigo, Abel Caballero, que se encargará de protexela coa súa propia vida. “Me lo arrancarán de mis manos muertas” afirmou Abel.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s