A USC impartirá a titulación de Todoloxía

 USC vén de anunciar que impartirá a titulación de Todoloxía no vindeiro curso. A universidade de Compostela amplía así a súa oferta formativa cunha titulación en auxe e con gran demanda esre as mozas do noso país. Ante o retroceso no número de alumnado dos graos en politoloxía ou economía, a USC plantexa con este…

O BNG citará todos os seus votantes no Avante

O Bloque Nacionalista Galego buscará o contacto directo cos seus votantes e cítaos a todos no Avante. Segundo fontes próximas á organización nacionalista non teñen previsto reservar o local para eles porque haberá sitio de sobra. Así o manifestaron nunha circular interna que non chegou a todas as organizacións que aínda compoñen o BNG. Isca!…

En Marea triste pola eliminación de España na Eurocopa

A coalición mostrouse entristecida polo resultado ante Italia. En Marea recoñeceu que “non foi o mellor partido” nin o que “esperaban”, pero propúxose continuar a animar á selección española nos vindeiros partidos e competicións. “Seguiremos apoiando á selección plurinacional como representación deportiva no conxunto do Estado”, subliñou a número uno por Pontevedra, Alexandra Fernández. Nunha primeira…

Quintuplícanse a demanda de artigos sadomasoquistas

Na noite do 26 de xuño alcanzouse o máximo histórico nas vendas e encargos de artigos sadomasoquistas. As web especializadas neste tipo de artigos alcanzaron un novo teito nas demandas dos seus productos. Segundo informou a patronal que agrupa ao gremio de vendedores de productos de sadomaso o pico da demanda coincidiu ás 22:00, momento…

O PP lanza unha aplicación de Android para facilitar a carretaxe

O Partido Popular acaba de presentar unha aplicación para facilitar a carretaxe de votantes nas próximas eleccións. Trátase dunha mezcla de Bla Bla Car e Über e contará con monxas e apoderados de condutores voluntarios para trasladar octoxenarios dende residencias privadas e domicilios particulares ás mesas de votación. O servizo inclúe tamén unha papeleta de balde e…

O PP pide que todos os europeos voten no referéndum do #Brexit

Así se manifestou o líder do PP, Mariano Rajoy durante un mitin este domingo. O partido popular pretende así marcar unha posición clara ante o inminente referendo que se celebrará en Reino Unido acerca da continuidade ou non na Unión Europea. Deste xeito o PP continúa coa súa postura xa mostrada de que todos os…

O PP inaugura os mítines veganos falando para as alcachofas

É de coñecemento xeral que o PP non ten querencia polos sectores máis activos da sociedade e que amosa as súas predileccións polo electorado máis adurmiñado e vexetativo pero na tarde de onte superiou os seus propios límites dando un mitin a un campo de alcachofas. Responsables da campaña popular indicaron que “Es mucho más…

Ana Blanco gaña o debate electoral a catro

Salta a sorpresa despois da primeira enquisa publicada tras o debate electoral onde ningún dos chamados a ser protagonistas gañou o debate e resultou gañadora, contra todo prognóstico, a presentadora Ana Blanco que estaba a moderar o debate. Máis do 50% das persoas enquisadas dan a presentadora do telexornal de TVE como vencedora do debate a…

A Semana Verde presenta unha tenreira que sabe a porco

A Semana Verde que se acaba de clausurar en Silleda acaba de presentar ao mundo a primeira vaca que dará carne de porco. Trátase dun experimento de transxénese que fará posible que a carne das vacas saiba como a de porco. A equipa investigadora que realizou o experimento compareceu na tarde de onte para explicalo durante…

A campaña máis austera comeza cunha colada de cartaces con mocos

Os partidos galegos deron o pistoletazo de saída á campaña electoral dun xeito austero e autosuficiente. Pasadas as 0.00 da noite deu comezo unha nova campaña electoral, nas que a austeridade terá un papel fundamental. Por isto a maioría dos partidos e coalicións decidiron dar un primeiro paso colando os seus cartaces electorais cos seus…