Política

O PP inaugura os mítines veganos falando para as alcachofas


É de coñecemento xeral que o PP non ten querencia polos sectores máis activos da sociedade e que amosa as súas predileccións polo electorado máis adurmiñado e vexetativo pero na tarde de onte superiou os seus propios límites dando un mitin a un campo de alcachofas.

rajoy alcachofaResponsables da campaña popular indicaron que “Es mucho más fácil así. Las plantas no protestan porque no tienen boca. Tampoco replican nuestras propuestas”. Deste xeito os responsábeis electorais do PP amosábanse encantados co acto e comunicaron que Rajoy falou ante decenas de miles de seres vivos polo que “es el acto más multitudinario de campaña de todos los partidos”.

Rajoy tamén se amosou exultante “No sabía que os micrófonos dos medios nacían en la tierra”. Ante a metedura de pata foi rápidamente corrixido por un colaborador de campaña que indicou que o presidente en realidade quería falar dos “chismes eses de la ducha”.

Ante o éxito colleitado o Partido Popular xa prepara un mitin de fin de campaña nunha plantación de soia e tofu para tratar de gañar o voto vegano.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.