Educación

A USC impartirá a titulación de Todoloxía


 USC vén de anunciar que impartirá a titulación de Todoloxía no vindeiro curso.

img_5933A universidade de Compostela amplía así a súa oferta formativa cunha titulación en auxe e con gran demanda esre as mozas do noso país. Ante o retroceso no número de alumnado dos graos en politoloxía ou economía, a USC plantexa con este novo grao recuperar o interese da xuventude galega.

O grao en Todoloxía contará, entre outras asignaturas, con Populismo I e II, Administración Xeral en Venezuela ou Políticas para quedar ben con todo o mundo. 

Do mesmo xeito, finalizado o grao, as alumnas que o desexen poderan dar continuidade aos seus estudos cos másters en Sorpasso ou en Irradiación dos Suxeitos Políticos.

Para complementar esta titulación, a Consellería de Educación instaurará tamén un novo ciclo Formación Profesional de nivel medio en Cuñadismo, no cal as alumnas poderán realizar as súas prácticas no partido de Albert Rivera, Ciudadanos.

O ciclo de FP poderá cursarse a partires de setembro tanto en Vigo como na Coruña e contará con diferentes docentes procedentes tanto de Ciudadanos como de Democracia Ourensana.

 

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.