Tecnoloxía

O PP lanza unha aplicación de Android para facilitar a carretaxe


O Partido Popular acaba de presentar unha aplicación para facilitar a carretaxe de votantes nas próximas eleccións.

Trátase dunha mezcla de Bla Bla Car e Über e contará con monxas e apoderados de condutores voluntarios para trasladar octoxenarios dende residencias privadas e domicilios particulares ás mesas de votación. O servizo inclúe tamén unha papeleta de balde e unha foto de Rajoy cunha alcachofa.

Dende o partido sinalan que se trata da evolución 2.0 da carretaxe e indican que estará dispoñíbel en breve en Google Play e na Apple Store.

A xunta electoral central aínda non se pronunciou sobre esta polémica aplicación de carretaxe se ben indicaron que poderían prohibila se os inteventores do PP levaran camisetas de outros partidos mentres conducen.

Taxistas de varios lugares amosaron sentimentos encontrados ante unha aplicación que pode minguar os seus ingresos aínda que preguntados os representantes dos mesmos declararon que o voto do colectivo ao partido de Mariano Rajoy non peligraría.

bla bla carretaxe

 

Advertisements

One thought on “O PP lanza unha aplicación de Android para facilitar a carretaxe

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s