Deportes

En Marea triste pola eliminación de España na Eurocopa


A coalición mostrouse entristecida polo resultado ante Italia.

Representantes de En Marea, entristecidos polo resultado do Italia - España.

Representantes de En Marea, entristecidos polo resultado do Italia – España.

En Marea recoñeceu que “non foi o mellor partido” nin o que “esperaban”, pero propúxose continuar a animar á selección española nos vindeiros partidos e competicións. “Seguiremos apoiando á selección plurinacional como representación deportiva no conxunto do Estado”, subliñou a número uno por Pontevedra, Alexandra Fernández.

Nunha primeira valoración, Fernández, que agradeceu a todos os xogadores que se esforzaron durante os octavos de final, defendeu a necesidade de “mirar cara adiante” para que a selección “siga avanzando”.

Pola súa banda, o número uno pola Coruña, Antón Gómez-Reino, admitiu que “non é a celebración que esperaban” e hai “moito que traballar”. “É certo que aspirabamos a máis. En todo caso, tomamos nota porque non puidemos ir máis aló dos octavos de final”, manifestou, antes de asegurar que “os resultados son unha mala noticia para o deporte no Estado español”.

Con todo, mostrouse convencido de que aínda que agora “non sexa o momento da selección”, cpnseguirase chegar a outras finais, “darase sen ningún lugar a dúbidas”. “O que pon encima da mesa é que o bloque conservador italiano reordenouse e xogou o seu famoso catenaccio”, indicou, antes de observar que son outras as selecións que xa tamén abandonaron a competición

Tamén interveu Yolanda Díaz, a dúas pola Coruña, quen “agradeceu aos xogadores o seu esforzo”. “Quen perde neste partido son todos os españois, non imos ir a mellor, para nós, esta non pode ser unha boa noticia”, admitiu. En todo caso, desde mañá “empezar a tecer unha nova selección”. “Non só para cambiar resultados, senón para cambiar a cara do noso país”.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.