O Bloque Nacionalista Galego buscará o contacto directo cos seus votantes e cítaos a todos no Avante.
Segundo fontes próximas á organización nacionalista non teñen previsto reservar o local para eles porque haberá sitio de sobra. Así o manifestaron nunha circular interna que non chegou a todas as organizacións que aínda compoñen o BNG. Isca! non recibiu convocatoria xa que agardan que xa estean alí e así aforrarán mandarlle o texto.
Na xuntanza tamén se tratará de cambiar o nome do proceso encetado tras o fracaso da organización nas anteriores eleccións. Deste xeito proporáse cambiar o nome do proceso Adiante para refundar o BNG polo novo “Proceso Avante”.
Ademais do cambio de nome a convocatoria tocará varios temas:
- O españolismo de Anova
- O españolismo de EnMarea
- O españolismo dos nacionalistas que antes estaban no BNG
- O españolismo do españolismo
- Os gintonic con ou sen pepino