Ciencia

A Semana Verde presenta unha tenreira que sabe a porco


A Semana Verde que se acaba de clausurar en Silleda acaba de presentar ao mundo a primeira vaca que dará carne de porco.

rubia galegaTrátase dun experimento de transxénese que fará posible que a carne das vacas saiba como a de porco. A equipa investigadora que realizou o experimento compareceu na tarde de onte para explicalo durante a celebración da Semana Verde en Silleda e avanzou a pronta comercialización destas novas reses. “Aínda nos falta un chisco para conseguir a perfección xa que os rabos destas tenreiras modificadas xeneticamente aínda non teñen o rabo en espiral e tampouco demos co sabor exacto das orellas”, indicaron aos medios internacionais congregados na Feira Internacional de Galicia.

Alberto Núñez Feijoo, que clausurou a feira este domingo, xa se interesou polo novo invento e, nunha charla cos invetigadores, preguntoulles se esas novas vacas tamén teñen nome de muller.

Asociacións de veganos están moi interesadas neste novo logro e xa preguntaron á equipa responsable se sería posible trasmitir o sabor da carne de porco a vexetais varios como o apio ou o tofu. “Queremos comer cosas que sepan a comida”, declararon.

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.