O expertos de Podemos aseguran que é un xeito de que máis persoas entendan os datos.

Os bolívares, protagonistas no programa económico de Unidos Podemos.
O programa económico de Unidos Podemos, un mix entre o de Izquierda Unida e Podemos terá unha versión bolivariana. Así o afirmaron as voceiras do grupo económico de Podemos no día de onte.
A diferenza do programa presentado no pasado decembro, desta volta os textos terán a súa propia versión coas cuantías orzamentarias en bolívares, a moeda oficial de Venezuela.
Desde a coalición aseguran que están a traballar no trasvase de cifras a outras moedas entre as que a proposta de EnMarea se atopa o marabedí, a moeda propia da Festa da Istoria de Ribadavia.
Ao peche desta edición varios membros do partido popular estaban a ser atendidos polos servizos de emerxencia, tras sufriren intensos ataques de ansiedade. Marhuenda atópase estable dentro da gravidade.