Un veciño de Bergantiños proxecta unha película porno a plena luz do día

Tralo éxito da xornada non descarta organizar un festival porno en Bergantiños, o “Pornotiños” Un veciño de Carballo, no municipio de Bergantiños, proxectou o sábado pasado unha película porno no xardín da súa casa, o cal da a unha rúa bastante transitada. Segundo informan algunhas das persoas presentes, a pouco de que comezase a mesma…

Rodrigo Rato nominado ao premio Nobel de economía

Tras coñecerse o nomeamento de Donald Trump ao Premio Nóbel da Paz o comité de designacións ven de confirmar que Rodrigo Rato será nominado ao premio Nobel de Economía e’El Hormiguero’ ao de Física e Química. O Comité de Designación dos premios Nobel ven de dar a coñecer os nominados para os premios máis importantes…

Pablo Casado e Albert Rivera danse Match en Tinder

Fontes próximas confirman que xa tiveron unha primeira cita coincidindo co día de San Valentín Os líderes de PP e C’s, Pablo Casado e Albert Ribera, atopáronse na rede social Tinder. Segundo apuntan persoas achegadas os líderes políticos de ámbolos dous partidos, cada un deles, na intimidade do seu baño, sentados no seu trono, decidiron…

Un Pedro Sánchez deprimido péchase no seu cuarto

O presidente do goberno español, visiblemente enfadado por terlle tombado os orzamentos, pechouse dun portazo no seu cuarto. Así o contaron os seus pais tras tocarlle na porta e recibir unha zapatilla contra a mesma: “no quiere ver a nadie porque dice que en el Congreso se han reído de él, pero si no sale…

Atopado en Vigo un neno falando galego

Ten nove anos e responde ó nome de Alexandre. Foi visto polas inmediacións da Avenida Camelias, onde tentaba mercar nunha tenda. Segundo a súa propietaria repetía insistentemente “unha ducia de ovos”; ó non ser entendido por ningún dos presentes avisouse á Policía Local, que o trasladou a dependencias policiais. Membros de Galicia Bilingüe trasladáronse ata…

Pablo Casado prohibirá a masturbación para que nazan máis nenos que coticen

O líder dos populares veuse arriba despois de propoñer derrogar a lei do aborto e engade que tamén prohibirá masturbarse. “Si queremos financiar las pensiones debemos pensar en cómo tener más niños, no en abortar”, indicou. “Y como soy un tío realmente listo se me ocurrió que miles de millones de potenciales niños acaban en…

Sés deixa a gheada por prescrición médica

María Xosé Silvar “Sés” terá que deixar de utilizar a gheada nos seus concertos debido a unha “disfonía profesional”. Esta doenza foille diagnosticada despois dun percance durante un concerto en Malpica de Bergantiños. Ocorreu durante a interpretación de Labregha Berghantiñana, adaptación que a cantante coruñesa fixo da famosa canción cubana, Guantanamera. Segundo o testemuño dunha…

Pedro Sánchez recoñece a David Bruzos como presidente de En Marea

O presidente do reino de España procede a recoñecer a David Bruzos como presidente de En Marea coa intención de que se convoquen canto antes eleccións libre e que sexan recoñecidos por todos. Con este movemento espera situarse na vangarda dos cambios e agarda que ‘pronto’ Donald Trump siga a súa estela. ‘Este reconocimiento no…

Presentan a I Festa da Empanada de Velutina en Deiro

A Xunta presenta un plan contra a velutina en Deiro. Ata o de agora a Xunta descartara tomar medidas contra a velutina, incluíndoa na lista de especies arraigadas e de interese ecolóxico xunto co arcorito e o penacho da Pampa; sen embargo, o pasado xoves o ente autonómico dou un xiro copernicano, presentando un plan…

Cae o gordo na Coruña

O gordo caeu nesta administración de lotería na coruñesa Avenida de Gran Canaria Altura da rúa onde puido caer Lendoiro Segundo contan testemuñas do suceso Augusto César Lendoiro sufriu un traspés ao pasar por diante desta Administración de Loterías esta mañá. As informacións aínda son confusas e segundo a testemuña a que se lle pregunte van dende…

Os críticos dos críticos de En Marea piden agora non votar

Critican o exceso de seguridade da plataforma de votación electrónica Esta semana levantábase a suspensión para votar nas eleccións internas de En Marea, o que permitiu fixar unha nova data. Así, o comité electoral da formación acordou que a votación se celebrase esta mesma fin de semana. Esta medida parecía dirixida a conseguir unha volta…