Tralo éxito da xornada non descarta organizar un festival porno en Bergantiños, o “Pornotiños”
Un veciño de Carballo, no municipio de Bergantiños, proxectou o sábado pasado unha película porno no xardín da súa casa, o cal da a unha rúa bastante transitada. Segundo informan algunhas das persoas presentes, a pouco de que comezase a mesma se aglomeraron alí case unha trintena de persoas.
Na visualización da película incluso tería estado a Garda Civil, segundo informou unha veciña que se atopaba no lugar. Teóricamente a Benemérita fóra alí a controlar, ver se había indicios de escándalo público, pero terían quedado ata que finalizou a proxección do filme.
Nunha entrevista concedida a Tempos Galegos, o organizador confesou que a súa idea principal era disfrutar el só da película en grandes dimensións. Pero cando viu que aquilo tomaba forma, non dubidou en sacar unhas birras e unhas palomitas e compartir a experiencia cos seus veciños. Engadiu ademáis que como amante do porno non dubidará en organizar máis xornadas que aborden todo tipo temáticas: porno interracial, porno trans ou porno libertario, entre outras modalidades.
Este veciño non descarta convertir Bergantiños na capital do cinema porno e incluso chegar a proxectar material amateur desenvolto en Galicia, “se Cans ten o seu festival de cine independente, por que en Bergantiños non podemos ter o noso festival de porno, o Pornotiños”.