O presidente do goberno español, visiblemente enfadado por terlle tombado os orzamentos, pechouse dun portazo no seu cuarto.
Así o contaron os seus pais tras tocarlle na porta e recibir unha zapatilla contra a mesma: “no quiere ver a nadie porque dice que en el Congreso se han reído de él, pero si no sale pronto, ni presupuestos ni presupuestas, se queda sin ir al Consejo de Ministros ¡y punto! Él verá”.
Tamén foron os seus amigos Urkullu e Iglesias na súa procura, que lle tiraron pedriñas á fiestra para que se asomase, pero segundo o seu testemuño, recibiron un sonado “¡que os marchéis, hoy no quiero jugar, os odio!”.
A este respecto, tamén foi consultado o seu osiño Lulú, co que comparte cuarto: “solo puedo decir que ha estado toda la mañana jugando a los Sims, donde tampoco ha conseguido aprobar los presupuestos, pero ha sido un chico valiente y no ha llorado”.
Segundo o bedel do Congreso, trala sesión plenaria, puido verse a Pablo Casado e a Albert Rivera xogando ó balón cos independentistas, pero coa caída de Casado por un empurrón de Joan Tardá, montouse unha liorta que rematou coa entrada das Seños Antidisturbios acusando ós cataláns de rebelión e levándoos á aula de Tecnoloxía, onde foron castigados.