Política / Sucesos

Os críticos dos críticos de En Marea piden agora non votar


Critican o exceso de seguridade da plataforma de votación electrónica

Esta semana levantábase a suspensión para votar nas eleccións internas de En Marea, o que permitiu fixar unha nova data. Así, o comité electoral da formación acordou que a votación se celebrase esta mesma fin de semana. Esta medida parecía dirixida a conseguir unha volta a normalidade do pattido instrumental, sen embargo, nada máis lonxe da realidade. Os críticos pasaron de solicitar “poder votar” ou “votar canto antes” a “non votar baixo ningunha circunstancia”.

Concretamente esta decisión foi tomada por os máis críticos dos críticos quenes sinalaron “un exceso de seguridade” e sentenciaron que “con garantías non votaremos”. Unha posición que parece irreconciliable co sector oficialista, quenes foron un paso máis alá en materia de seguridade e contrataron a un segurata por papeleta.

A situación da onda máis crítica dos críticos estaría configurada nestes momentos do seguinte xeito: os críticos querían votar a toda costa, pero agora xa non, e dentro dos críticos hai críticos que queren votar inda menos. E dentro deste segundo grupo hai un subgrupo de supercriticos que non concordan con ningunha das posturas anteriores.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.