Actualidade / Economía

Rodrigo Rato nominado ao premio Nobel de economía


Tras coñecerse o nomeamento de Donald Trump ao Premio Nóbel da Paz o comité de designacións ven de confirmar que Rodrigo Rato será nominado ao premio Nobel de Economía e’El Hormiguero’ ao de Física e Química.

O Comité de Designación dos premios Nobel ven de dar a coñecer os nominados para os premios máis importantes do mundo do coñecemento. A sesión celebrouse a pasada semana e nela os membros puideron atar o licor café traído pola muller dun cuñado dun membro do comité directamente dende Baños de Molgas. Tras pimplarse 20  botellas os 18 membros do comité deron a coñecer os nominados nada máis saír da xuntanza. A rolda de prensa posterior podería destacarse como unha das máis épicas da historia dos premios. Varios membros arengaban ao voceiro ao grito de “a que no hay huevos” que acompañaban con risas e con arengas aos camareiros para que non deixaran de servir licor café.

O primeiro anuncio foi o da nominación de Donald Trump ao Nobel da Paz, seguido de Rodrigo Rato ao Nóbel de Economía. Nese momento tivo que ser suspendida a ceremonia do anuncio despois de que un ataque de risa dun membro do comité provocara que se atragantara cun ovo recheo e tivera que ser asistido pola equipa de emerxencia do recinto.

Acto seguido foi anunciada a dobre nominación de Pablo Motos e a equipa de ‘El Hormiguero’ ao Nobel de Física e ao de Química o que provocou que outro membro fora atendido por unha insuficiencia respiratoria despois de que non lograra osixenar o suficente debido a unha sonora gargallada.

Cinco dos 15 membros restantes tamén tiveron que ser trasladados a un hospital de Helsinki despois de que o voceiro do comité de nominación indicara que Ana Rosa Quintana estaba nomeada para o Nobel de Literatura. Os médicos que os atenderon indicaron que se atopan fora de perigo despois de que lles fora aplicada unha dose tripa de Lorazepam e que actualmente se atopan fora de perigo ao conseguir diminuir o ritmo de gargalladas e permitirlles estabilizar a respiración.

Os 10 membros restantes foron internados de gravidade na unidade de agudos tras as gargalladas propiciadas polo nomeamento de Txumari Alfaro ao Nobel de Medicina. Continúan na UCI con administración continua de carbón activo dada a gravidade da intoxicación etílica e da privación de osíxeno no cerebro. O seu prognóstico é reservado.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.