A Xunta presenta un plan contra a velutina en Deiro.
Ata o de agora a Xunta descartara tomar medidas contra a velutina, incluíndoa na lista de especies arraigadas e de interese ecolóxico xunto co arcorito e o penacho da Pampa; sen embargo, o pasado xoves o ente autonómico dou un xiro copernicano, presentando un plan que busca a súa eliminación a curto prazo. As innovadoras medidas consisten en incentivar o seu consumo en empanada. Así, en S. Miguel de Deiro, no concello de Vilanova de Arousa, celebrarase este domingo a 1ª Festa da Empanada de Velutina. Case medio cento de reposteiras e reposteiros, tanto profesionais da hostalería coma aficionados á arte culinaria, mediranse nun concurso no que presentarán a un esixente xurado as súas mellores creacións. “Os do xurado son madrileños e temos que desirlle que as empanadas son de camaróns, se non, non chas comen, que son moi delicados eles”, declaraba Hermosinda, unha das organizadoras. “Pero despois encántalles, e mentres comen non mandan tanto os rapases cos trueles á rebeira, que teñen a ría esquilmada. E para as vesiñas de Deiro é cuestión de vida ou morte, ou comemos as velutinas ou nos comen elas a nos, así que o benefisio é pa todos”.
As previsións nesta primeira edición son despachar unhas 40.000 racións de empanada do simpático insecto. O alcalde, Gonzalo Durán, ensalzaba así as cualidades do produto local: “A ver atontados, aquí tenemos la mejor avispa siática, o vespertina, como también se la conoce, aunque muchos imbéciles no se lo crean. Invito a todo el mundo a conocer esta delicia de nuestra tierra. Gilipollas”.