A xestora do PSOE crea unha listaxe cos seus representantes máis guapos

Nunha escala de Bono a Felipe González a corrente oficialista copa os primeiros postos. Co slogan “os nosos representantes máis macizos” a xestora pretende dar a coñecer a guapura que habita no seu partido. Na lista, encabezada por Susana Diaz, Felipe Gonzalez ocupa o número dous e Jose María Aznar o número tres. Segundo parece foi o…

Xeira gaña a asemblea de Anova por KO técnico

As formacións militantes no partido nacionalista mostraron os principios da confluencia a base de patadas. A asemblea nacional de Anova que transcorreu o pasado sábado na cidade de Pontevedra rematou como mandan os cánones da esquerda nacionalista galega, a ostias e patadas para demostrar que é o que máis defende as teses da unidade popular….

As primarias do PSOE contarán con observadores internacionais e cascos azuis

O encarnizamento da loita polo liderazgo do PSOE provoca a intervención das Nacións Unidas. As primarias á secretaría xeral do partido socialista están a incrementar o nivel de virulencia e guerra sucia entre as faccións en conflito. Fontes próximas á candidatura de Pedro Sánchez xa anunciaron problemas co censo na formación onde as novas altas…

A dirección de Anova culpa aos seus 10 militantes de non facerlles caso

Días antes da súa asemblea nacional afirman que os seus 10 militantes son os culpábeis de case todo. A actual executiva de Anova, que no vindeiro fin de semana decidirá o seu vieiro na asemblea nacional que celebraran en Pontevedra, sae ao paso dos rumores de inestabilidade dentro do partido con duras declaracións sobre os…

Descóbrese que a muralla de Lugo era para que os lucenses non escaparan

“Levan máis de dous mil anos soltos!”, indican os investigadores que fixeron o descubrimento. En tempos dos romanos unha garda especializada vixiaba a muralla para que os moradores do interior non saíran fóra e foi nesa época cando se acuñou a expresión “Arde Lucus”. Unha centuria especial, denominada Garda da Noite, gardaba a muralla para evitar…

Sorpresa maiúscula ante a candidatura de Susana Díaz ás primarias do PSOE

Ninguén se esperaba que a presidenta andaluza decidirá dar o paso para liderar aos socialistas. Susana Díaz, a baronesa do PSOE, anunciaba por sorpresa durante a mañá de onte a súa candidatura ás primarias para presidir o partido. Nunha rolda de prensa convocada con tan só media hora de antelación, Díaz anunciou que anunciará proximamente…

O fósil máis antigo de vida na Terra contén un pelo de Gayoso

O fósil de 3.770 millóns de anos de antigüidade foi descuberto por unha equipa científica en Canadá contén un pelo de cando comezou a caída de cabelo de Gayoso. Unha equipa de científicos descubriu a evidencia máis antiga de vida na terra. Os fósiles foron atopados nunhas rocas no noreste de Canadá que datan duns…

A Xunta de Galiza lanza 72 prazas de emprego púbico

As prazas irán destinadas a cubrir postos na Consellería de Benestar Social e en Presidencia. A Xunta de Galiza vén de ofertar para este ano 2017 un total de 72 prazas de emprego púbico destinadas fundamentalmentalmente a desempregradas e desempregados. As ofertas que cubrirán vacantes nas Consellerías de Benestar Social e Presidencia serán de duración…