Actualidade

A Xunta de Galiza lanza 72 prazas de emprego púbico


As prazas irán destinadas a cubrir postos na Consellería de Benestar Social e en Presidencia.

pubicA Xunta de Galiza vén de ofertar para este ano 2017 un total de 72 prazas de emprego púbico destinadas fundamentalmentalmente a desempregradas e desempregados. As ofertas que cubrirán vacantes nas Consellerías de Benestar Social e Presidencia serán de duración limitada por obra e servizo.

Na consellería de Benestar Social, das que saen a concurso 30 do total das 72 prazas as labores finalistas das mesmas dirixiranse ao cuidado e depilación do vello corporal das súas señorías do Parlamento Galego. Diferenciandose estas as destinadas ao servizo do grupo gobernante e as da oposición.

Neste senso foron moitos os futuros opositores que expresaron nas redes sociais o seu desexo de traballar no coidado capilar da oposición. “Se Villares e Leiceaga teñen tanto pelo abaixo como arriba é un choio!” afirmaban varios tuiteiros.

En canto aos postos destinados á Presidencia, non trascendeu polo de agora cales van a ser as súas encomendas, pero rumorease na posibilidade dun cambio de look pélvico do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo.

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.