“A muller é capaz de sangrar sen cortarse; a muller é capaz de dar a luz sen corrente; a muller é capaz de tocar as narices sen achegarse”, finalistas ao mellor chiste da historia do universo

Ministro e experto das FAES en frenoloxía
Santiago Freire, alcalde pepeiro de Noia contou os tres chistes, todos seguidos, co motivo do día da muller. Varios veciños tiveron que ser atendidos ao non ser capaces de conter a risa e sufriron dislocación de mandíbula pola graciosidade das chanzas do alcalde segundo informaron fontes municipais. Pola súa banda, varios centos de mulleres e asociacións feministas protestaron pola nula gracia das ocorrencias do alcalde o que provocou a reacción airada da sección de frenoloxía das FAES que explicou mediante un diagrama que as mulleres carecen de sentido do humor polo seu “menor volumen craneal” e, ademais, porque “el espacio tradicionalmente utilizado por el varón para el sentido del humor es substituido, en el caso de las féminas, por las habilidades de planchar y comprar zapatos”.
“As mulleres son raza falsa. Está claro que non te podes fiar de quen bota sete días sangrando e non morre”, declaran fontes internas do partido conservador que agardan que a carreira de humorista do alcalde noiés continue. O próxima ocasión podería ser no congreso do PPdeG onde aproveitaría o seu don da oportunidade para facer un bolo con chistes de mariquitas.