Días antes da súa asemblea nacional afirman que os seus 10 militantes son os culpábeis de case todo.

Membros da dirección de Anova estudan como erixir ao deputado Antón Sánchez como novo voceiro.
A actual executiva de Anova, que no vindeiro fin de semana decidirá o seu vieiro na asemblea nacional que celebraran en Pontevedra, sae ao paso dos rumores de inestabilidade dentro do partido con duras declaracións sobre os 10 militantes de base que aínda cotizan na formación beirista.
Baixo calificativos de “malos malísimos”, “desleais” ou “menxeviques”, a cúpula distanciase así das súas bases, despois de meses de desencontros a raíz dos posicionamentos dentro de En Marea e máis en concreto por potenciar un polo nacionalista dentro da formación que lidera o exmaxistrado Luís Villares.
Polo de agora non hai hai pronunciamentos por parte de ningún dos seus derradeiros afiliados.
Mentres tanto, nas redes sociais, a noticia máis salientábel ao respecto é a caída dos servidores de Facebook ante o tamaño dun post de Antón Dobao, membro da executiva de Anova, e asociado ao sector oficialista.