Política

A xestora do PSOE crea unha listaxe cos seus representantes máis guapos


Nunha escala de Bono a Felipe González a corrente oficialista copa os primeiros postos.

Co slogan “os nosos representantes máis macizos” a xestora pretende dar a coñecer a guapura que habita no seu partido. Na lista, encabezada por Susana Diaz, Felipe Gonzalez ocupa o número dous e Jose María Aznar o número tres.

Segundo parece foi o chío de Laura Seara, coordenadora da área de organización na xestora federal do PSOE e valedora de Susana Diaz, onde calificaba os seus compañeiros de partido de “feos con ganas”, o que precipitou a creación da lista.

Fontes consultadas por Tempos Galegos explican que a listaxe nace dunha fonda preocupación por parte do sector oficialista pola falta de fermosura que representan algúns do membros do seu partido. Máis especificamente, din mostrarse moi preocupados pola baixa calidade xenética das persoas que están agrupadas en torno a Pedro Sanchez.

A listaxe foi presentada esta mañán nunha vila de Andalucia, feudo de Susana Diaz, pola propia Laura Seara, ónde se explicitaban algunhas das que serán as novas máximas do partido “non hai nada máis importante para un político que ter unha boa percha” “se un é feo mellor que non saque fotos e a poder ser, que non saia da casa tampouco”. Incluso valoran que os suspensos en beleza non poidan votar nas primarias a Secretario Xeral, o que deixaría fora, entre outros, ó alcalde de Jun, a Oscar Puente e a Odón Elorza.

Varios representantes galegos foron quen de acadar postos no TOP 25, así, Pepiño Blanco ocupa o posto número 17, Leiceaga o número 15 e a propia Laura Seara o número 13.  Abel Caballero sería o político galego con máis guapura segundo a listaxe elaborada pola Xestora, alcanzando o número 5.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.