Ninguén se esperaba que a presidenta andaluza decidirá dar o paso para liderar aos socialistas.
Susana Díaz, a baronesa do PSOE, anunciaba por sorpresa durante a mañá de onte a súa candidatura ás primarias para presidir o partido. Nunha rolda de prensa convocada con tan só media hora de antelación, Díaz anunciou que anunciará proximamente o seu anuncio para anunciar que finamente se presentará para enfrentarse ao comunismo radikal matanenos encarnado por Pedro Sánchez, e tamén á candidatura do pobre Patxi.
Susana que ate o de agora permanecera calada ante toda a problemática surxida no se do seu partido a causa da toma de posesión de Rajoy e do seu xa famoso #NoEsNo que se convertiu en si, da o paso azuzada polo seu amigo e principal valedor, o alcalde de Vigo, Abel Caballero.
Nunha escueta rolda de prensa, Susana Díaz referiuse aos seus compañeiros e agora rivais como “esos mataos” e afirmou que non saben onde se meten, xa que polo poder que lle outorga a Feria de Abril, Susana ten as primarias máis gañadas que Rajoy as súas.
No momento de peche desta edición PDRO atopábase chorando no seu cuarto, mentres que ninguén sabe nada de Patxi López, aínda que se especula que poda estar fuxido en Francia.