Sucesos

O BNG comezará a xúa XVI asemblea cunha pelexa de Vale Tudo para non ser menos que Anova


O primeiro combate será entre un membro do Movemento Galego ao Socialismo e un asinante do Chamamento de Vidán.

O Bloque Nacionalista Galego está máis que disposto a renovar a súa imaxe de cara a sociedade e para iso ten previsto incorporar elementos da chamada nova política nas súas teses organizativas.

A primeira medida que adoptará a formación nacionalista vai ser copiada da última asemblea de Anova. Así, incorporará patadas e pelexas entre a militancia para amosarlle á sociedade que eles tamén forman parte da nova politica.

Segundo confirmaron a este medio fontes próximas ao BNG, a súa XVI asemblea contará con pelexas moito máis espectaculares que as que se puideron ver en Anova e anuncia combates de Vale Tudo, unha arte marcial brasileira, e o escollen por ser unha modalidade de combate reintegracionista que cadra coa filosofía da formación nacionalista. “Estivemos buscando entre as modalidades. Barallamos modalidades de loita que se practican en Corea do Norte pero non eran exclusivas como o Kung Fu e cousas desas pero podiamos dar unha imaxe imperialista dada a apropiación que se fixo por parte do imperialismo holliwoodiense destas artes marciais e optamos por unha modalidade de combate brasileira por ser reintegrata”, indican dende a organización da asemblea do BNG.

Militantes da fronte anunciaron que van presentar emendas á iniciativa. Deste xeito, algúns membros da formación propoñen que a loita sexa de Capoeira, unha arte marcial máis estética ao seu xuízo que o Vale Tudo. Parte da oficialidade de Galiza Nova opónse a esta emenda xa que entenden que “podería dar lugar a que a bebida oficial da asemblea sexa a caipirinha en lugar do tradicional gin tonic” algo que, segundo apuntan, “non están dispostos a consentir”.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.