En Marea instalará detectores de metais no seu plenario

A organización rupturista tomará medidas para que os seus militantes non se maten. O plenario de En Marea celebrarase este 15 de xullo no Pazo de Exposicións e congresos de Santiago de Compostela e as augas baixan revoltas debido aos embates que a nova corrente ‘Recuperar En Marea’ formada pola Marea Atlántica, a parte máis…

Milleiros de persoas festexan a volta de Cristo no Resurrection Fest

A vila de Viveiro acolle nesta fin de semana unha das maiores concentracións católicas de europa. Un ano máis Viveiro convírtese no epicentro do catolicismo en Galiza e Europa, na súa XII edición, o ResurrectionFest proclama a boa nova da volta de Cristo entre nós. Aínda que afastada das tradicionais datas de Semana Santa, onde…

Gallaecia Biliguis critica que a mocidade de Lucus non saiba un latín correcto

Todo comezou cando un grupo de mozos fixo unha pintada na muralla de Lugo para protestar pola ocupación romana. Segundo informou a garda do centurión romano, un grupo de mozos celtas militantes da formación nacionalista Nova Gallaecia foron detidos despois de que fixeran unha pintada na muralla de Lucus Augusti. A patrulla policial observou que…

Abanca merca a cidade da Coruña, que pasará a chamarse La Abanca

Coa transacción a entidade adquire tamén as palabras neno, já e chuqueles. Abanca, a entidade financeira noutrora galega vén de mercar os p do nome da Coruña nunha transacción que se levaba a cabo a última hora ds tarde de onte. Despois do acordo acadado para cambiar de nome o estadio de Riazor, agora Abanca…

Urdangarín apúntase no Inem para atopar un traballo de duque

Iñaqui Urdangarín pasa a engrosar as listas do paro mentres o servizo público de emprego lle atopa un novo traballo de duque. Segundo trascendeu na tarde de onte o marido da infanta Cristina está a ter dificultades para ter traballo e incluso está pensando en deixar de buscalo pero, segundo comentan confidenciais, vai queimar un…

Morren 3 mozos a causa dun Spinner desbocado

O fidget spinner saiu disparado das mans dun deles e impactou consecutivamente nas cabezas dos tres mozos. Tarde tráxica a acontecida no día de onte na vila de Muros, onde 3 rapaces de entre 21 e 23 anos morrían a consecuencia do impacto dun fidget spinner que saiu desbocado das mans dun deles cando tentaban…

O Sáhara en alerta laranxa por unha vaga de vento de Ourense

Os campamentos de Smara en Tinduf poderían ser evacuados ao non estar preparados para semellantes temperaturas. O Goberno da RASD(República Árabe Saharaui Democrática) vén de emitir un comunicado no que aconsellan a población non saír das súas tendas, ou en caso inevitable facelo extremando as precaucións. A vaga de calor procedente de aire ourensán incidirá…

Lanzan un Burmar-Flax de raxo en zorza

En Vigo xa existe un boicot ao produto primeiro porque o sabor é tipicamente coruñés e segundo porque non se utiliza o nome ‘frigolosina’ en lugar de Flax. A empresa Burmar Sweet ven de anunciar o lanzamento dun novo sabor nos seus coñecidos flases de sabores. Este verán poderemos atopar en tendas, kioskos e supermercados,…

Un estudo explica porque os deputados do PP aplauden cando Rajoy di estupideces

Científicos do CSIC dan coa resposta ao porqué do aplauso dos deputados do PP cando Rajoy constrúe frases sen sentido. Despois de diversos estudos teóricos, estudos en campo, observacións do hábitat dos parlamentarios e varios miles de gráficos, ecuacións e estadísticas; un grupo de científicos do CSIC acaban de dar coa resposta que explica que…

Xulio Ferreiro asegura que non xogaba a Candy Crush senón a Clash Royale

O alcalde coruñés foi pillado en plena partida durante o discurso da voceira de Unidas Podemos, Irene Montero, durante a moción de censura a Rajoy. Xulio Ferreiro, ou Ksulio para os compiyoguis madrileños, afirmaba na tarde de onte que non se trataba do xogo móbil Candy Crush o que figuraba no seu terminal durante o…